Lachrimae Xerión
Tekst piosenki
Bágoas nun mar de sangue escura
reptilianas formas que emerxen
do arrecendente xerme da historia arrepiada
lúa crecente nun outono de fiestras espidas
ríos de estrelas negras nunha voráxine
de caos e destrución
que a harmonía de madeira e vides
torna incomprensiblemente familiar.
Espiral eterna de ialmas consumidas
que descenden cara o Abismo do Esquecemento
onde cegas facianas de demos errantes
nos agardan con cantos lastimeiros
último contacto de neuronas putrefactas
antes do Eterno Baleiro.
Bebo así as doces flores
do manancial que engana o meu sentir.
reptilianas formas que emerxen
do arrecendente xerme da historia arrepiada
lúa crecente nun outono de fiestras espidas
ríos de estrelas negras nunha voráxine
de caos e destrución
que a harmonía de madeira e vides
torna incomprensiblemente familiar.
Espiral eterna de ialmas consumidas
que descenden cara o Abismo do Esquecemento
onde cegas facianas de demos errantes
nos agardan con cantos lastimeiros
último contacto de neuronas putrefactas
antes do Eterno Baleiro.
Bebo así as doces flores
do manancial que engana o meu sentir.